martes, 14 de mayo de 2013

Xa está o Imprusiño rematado!

Pois por fin xa rematamos a Imprusiño,iso que tanto estabamos desexando para poder ver as primeiras pezas que salirían por esa maquiniña.
Pois unha vez rematada,e despois duns cantos axustes,xa houbo pezas impresas,entre elas unha plaquiña co nome de ''IMPRUSIÑO'' e outra a unha de nosas compañeiras que tamén fixo a imprusiño.
Foi unha experiencia moi boa e gustounos moito,tivemos de todo,enfados entre nós,enfados do profesor con nós e co propio imprusiño,risas,cousas novas que aprender e moito máis.
Levamos a Imprusiño o día 4 de Maio á casa das Ciencias de Coruña e o próximo fin de semana do 31 de Maio imprusiño estará en Vigo,así que ánimo a todos e pasarvos a coñecer esa máquina da que tanto falamos ultimamente.
E xa de paso,recordarvos que aínda quedan vales de impresión que pódedes comprar para ter 2 horas de impresión do que vós queirades.
Moitas grazas por estar ao día con nós e estar pendentes de como nos ía.
Vémonos pronto,e iremos informando de como vai a nosa maquiniña.
Estas son algunhas das pezas que fixemos.





viernes, 12 de abril de 2013

A estrutura.

Levamos moito tempo sen escribir no blog ,pero voltamos ao traballo con moitas ganas.
Unha das primeiras cousas que fixemos foi facer a estrutura da prusa formada por dous triángulos ( a cada lado ) e unhas cantas varillas roscadas e lisas .
Montamos a estrutura de soporte que son 2 triángulos ( como ides ver na seguinte imaxe ) e unhas cantas varillas lisas ou roscadas. O que fai aguantar os eixes.
Montamos o eixo “X” que é o que ten  o extrusor ,que se vai movendo de dereita esquerda.




O eixo “ Z ” é o que vai de arriba a abaixo ,e é o que lle da altura a figura.




O eixo “ Y “ é o que vai para adiante e para atrás. (Podédelo observar na foto de abaixo )



E hasta aquí é donde fixeramos durante a semana que estivemos tan ausentes.





miércoles, 10 de abril de 2013

Cousas que pasan neste oficio.

Onte,por fin,xa probamos todos os motores xuntos.Todos funcionaban ben,pero tivemos un pequeno problema cos motores do eixe Z,un dos cales non funcionaba ben.
Nese momento levamos un gran susto porque pensamos que imprusiño se estragara,pero non foi así.O que pasara era que nós lle dábamos no programa ponterface(no computador)para que o motor se movera,pero este non se movía de ningún xeito(porque os cabos do motor cara á placa de arduino tiñan unha unión pero estaban mal colocados e tampouco se enganchaban ben,tiñamos un cabo de cor negro colocado de diferente maneira por eso non iba.)
Para solucionar este problema tivemos que revisar unhas cantas cousas,a máis fundamental foi a unión que hai no cabos que saen do motor,porque sospeitabamos que de aí viña o motivo de que o motor non funcionara.
Estaba toda protexida con cinta aislante para que non se moveran os cabos pero tivemos que tirar toda ela para enchufalos ben e colocalos de manera correcta.



Pero xa está solucionado!!!!

miércoles, 13 de marzo de 2013

E ímos falar un pouco da fonte de alimentación.


Unha fonte de alimentación vale para dar enerxía a unha placa de Arduino.
Depende do que queiras facer,o que hai que mirar nunha fonte de alimentación son os amperios (A) e os voltios (V).
Fonte de 16A para a saída de 12 V.



Tamén é moi importante os conectores/cables que se ten que
escoller.

Estos son un cable masa (negro) e un cable amarelo (que ten 12 V).O que fan é levar a enerxía cara ao Arduino.
Unha vez selecionados os cables hai que pelar unha punta e comunicalos co Arduino,pero para comunicalos ben tes que saber cales son os cables positivos e os negativos.

Os positivos son os amarellos,e os negativos son os cables masa (negro).
Como dixen ontes,o voltaxe que hai que ter son: 12V.
O cable amarelo dá 12 V,e o negro é o de terra.




Antes de encender a fonte de alimentación,tes que enchufala a unha toma de corrente normal.

Finalmente, para que a fonte funcione,hai que “puentearla”,ya que,se non non encenderá aínda que lle demos ao interruptor.
Para ello,collemos o conector máis grande e,cun clip dobrado,conectamos o cable verde á masa (negro)
Conectamos cun clip o cable verde e negro do conector grande.



E se todo o que fixéches está ben,te tendría que funcionar o ventilador que ten a propia fonte de alimentación e tamén o Arduino.

jueves, 7 de marzo de 2013

Seguimos aquí!

Como vedes, deixamos este pobre blog moi desamparado durante este mes de Febreiro, pero iso non quere dicir que non estivéramos a traballar en Imprusiño. De feito, avanzamos moito, e hoxe vos imos contar os pasos que demos unha vez tivemos as pezas da electrónica no noso poder.
Para comezar, temos que instalar os programas precisos para facer funcionar os motores, que son tres.
Para comezar, temos que instalar os programas precisos para facer funcionar os motores, que son tres.
O primeiro é instalar o entorno de programación de Arduino, para poder mandarlle instruccións á nosa tarxeta controladora. Nós instalamos a versión 22 de Arduino, xa que esa é a que Obijuan recomenda nos seus videos.

Despois hai que cargar no Arduino a versión “super estable” do Sprinter,pódese baixar desde a páxina de Obijuan ,que é o firmware, unha serie de liñas de código que permitirán que os nosos motores e sensores fagan as tarefas que teñen que facer nunha impresora 3D.




Por último está o Pronterface (tamén se descarga desde a páxina de Obijuan que é o programa que nos permite directamente manexar a impresora e cargar modelos para imprimir. Os dous anteriores xa case non imos ter que voltar a manexalos, pero o Pronterface o teremos que abrir cada vez que queiramos usar a Imprusiño.




Cando temos todo isto instalado, que en Linux non é máis que descargar e descomprimir os arquivos, xa poderemos probar os motores e, mesmo, tocar a marcha imperial, pero iso irá na próxima entrada!

Máis información: Vídeos 2,3 e 4 da Guía de Montaxe de Obijuan .


lunes, 28 de enero de 2013

Xa temos as primeiras pezas.


Fai un días recibimos as primeiras pezas,  un pack Arduino Mega+ RAMPS 1.4 + Stepstick ,   cinco motores NEMA 17 e un SPBudas
Isto é o que nos compramos: O pack.
 O Arduino Mega é unha tarxeta controladora, que serve para traducir as ordes que lle chegan do ordenador a impulsos eléctricos que controlarán os motores paso a paso.


RAMPS 1.4 é un shield ou escudo, e se emprega para evitar ter que poñer un montón de cables entre a Arduino e os drivers de potencia. 


Os drivers de potencia ou stepsticks son os compoñentes que reciben as ordes do Arduino, que veñen nunha intensidade de corrente moi pequena e, seguindo estas, manexan os motores paso a paso, que precisan intensidades de corrente moi altas que queimarían a Arduino. 

Os motores paso a paso, modelo NEMA 17, son motores que podemos mover con moita precisión, suficiente para facer os mínimos movementos que require a impresión 3D. 
Durante as semanas vindeiras vos iremos informando sobre como poñemos todo isto a funcionar!!




lunes, 17 de diciembre de 2012

¿Que é o que ímos facer?

Imos facer unha nova impresora que permitirá imprimir en 3D.
Necesitamos material suficiente para poder crear todo o que a xente queira,para iso imos vender uns vales,o funsionamiento de estes vales é o seguinte:

1-Os alumnos encargados de facer este traballo venderán os vales á xente.
2-A xente que os compre terá a oportunidade de imprimir o que eles queran.Como ven indicado no vale,custan 3€ e se ten dereito a imprimir o que cada un elixa durante un tempo de 2 horas,no ten porque ser 2 horas xustas,póde ser 2 horas e 15 minutos máis ou menos.

Podedes ver máis información sobre os vales aquí.

De momento temos un padriño que nos doará as pezas impresas coa impresora nai  PacleMaker!




E para finalizar gustaríanos dar as grazas por adelantado a todos aqueles que poñan interese (e pasta!!) neste proxecto.